lunes 9 de enero de 2012

ano novo


Pasou outro ano e temos intención de comezar o novo con forza. Obxectivos renovados e novos horizontes dende novas perspectivas. Paso a paso, como o animal da foto, iremos acadando tódalas metas dun camiño para o que precisamos resistencia, ánimo e compañía.  

lunes 27 de junio de 2011

jueves 16 de junio de 2011

neno con ra

A tranquilidade permite recuperar o pracer polas cousas sinxelas. Coma un neno curioso que todo sorprende e experimenta cos cinco sentidos en contacto co mundo. Unha folla, o vento, un murmurio ou unha ra aparecen cheos de significados. Un novo estado cargado de posibilidades para disfrutar e compartir.

jueves 17 de marzo de 2011

remonte

Pouco a pouco chegamos a cima da montaña. O caso é que unha vez arriba temos que baixar outra ladeira para retomar a subida e así sempre.

domingo 16 de mayo de 2010

conversa

-Ola
-Bo día.
-Queres coñecer a miña xanela?
-Non, estou moi ben na miña.

domingo 14 de febrero de 2010

bombillas

Paseando, desorientado e con moito frio, atopei unha luz que fixo que non me importara perder o tempo observando. As bombillas non teñen unha finalidade estética, soamente se anuncian agardando que alguén as merque (aínda que a tenda non estaba aberta). Momentos de felicidade en rincóns inesperados.

sábado 26 de diciembre de 2009

porta

As apariencias enganan. Detrás desta maravillosa porta, tan fermosamente iluminada, atópase unha ruina. Esta entrada é a derradeira declaración de intencións para ordenar o blog. Hai que encher de contido e sustancia todo o que se fai. Empaparse a fondo e non ter medo a ultrapasar a superficie.

jueves 17 de septiembre de 2009

lanchas

Continuo mudo. Impresionado co que pasa pero incapaz de contalo. Coma o mar, tranquilo e fermoso na superficie pero incontrolado e imprevisible de fondo.

miércoles 15 de julio de 2009

árbore

Foto máxica nun lugar máxico. A árbore resiste solitaria e mantén a dignidade nun entorno cheo de ruínas acosado polo frio, o vento e o sol. Sabe que pronto parasá algo que compensará o esforzo realizado e a incomprensión sufrida.

martes 9 de junio de 2009

atardecer

Na praia, no momento da posta de sol, sempre ollamos cara o horizonte e, hipnotizados, agardamos a que o astro se oculte alén do mar. Notamos como a luz, as cores e a temperatura mudan por momentos. Encantados, quedamos convencidos de ser testigos dun grande e belo acontecemento. Pero esquecemos que a beleza pode estar por todas partes e non só concentrada onde todos supoñemos. Podemos atopala en calquera momento e lugar, incluso detrás das sombras da posta do sol.

martes 26 de mayo de 2009

pasarela

Nunca coma neste lugar me sentín tan seguro e próximo de acadar o que buscaba. Avanzaba veloz, acompañado de risas descalzas, inconsciente do obstáculo infranqueable do fondo. Hoxe, aprendida a lección, trazo novos camiños e novos rumbos sorprendido da facilidade coa que me adapto as circunstancias. Como recomenda un personaxe de Murakami, comezarei polas cousas máis pequenas e doadas para, pouco a pouco, afrontar as tarefas máis pesadas.

sábado 16 de mayo de 2009

barreira

Ás veces somos capaces das proezas máis insospeitadas. Hai épocas nas que afogamos nun vaso de auga. Eres forte, eres decidido e pasas tódolos obstáculos á primeira. De repente, tropezas unha e outra vez contra unha barreira. Miras ao redor e está só. Nin unha axuda nin unha palabra de ánimo. Terás que buscarte a vida,... outra vez. Proseguir coa permanente reivindicación dun mesmo. Replegarse, dar un paso atrás para voltar a correr. Continuamos, a pesar da pérdida de entusiasmo e de bondade.

martes 17 de febrero de 2009

arriba

Volta autoxiro. Din tantas voltas este inverno que non fun capaz de actualizar. As crises son épocas de oportunidades e chegou o momento de erguerse e voltar a camiñar. O sol sae tódolos días pero hai que sair da casa para sentilo.

martes 9 de diciembre de 2008

panel de control

O 2009 promete. Centos de retos, proxectos e ilusións por confirmar. Moito traballo, moitas horas e moita axuda serán necesarios para poder con todo. Síntome coma nun avión cun montón de pedais, indicadores e mandos. O deposito está cheo. Só queda despegar e voar e voar para saber ata onde somos capaces de chegar. Quen se queira apuntar está convidado a esta viaxe. Non nos imos aburrir nunca.

sábado 29 de noviembre de 2008

rotonda

As rotondas non son lugares especialmente interesantes. Normalmente achegámonos a elas con precaución e tentamos sair rapidamente. Non coñezo a ninguén que se namorara nunca dunha e nunca atopei ningunha nas guias turísticas. Creo que non é normal pero teño que recoñecer que esa noite quedei prendado dunha rotonda.

jueves 25 de septiembre de 2008

desfile


Comezou o desfile! Novos ritmos e novas partituras. Muda tamén a posición dos obxetos e das persoas. Para esta nova etapa non serve case nada do aprendido. Nun ano cambiaron tantas cousas que un xa se ve capaz de todo.

lunes 15 de septiembre de 2008

piñas

De pequeno, cando ai ao monte, gustábame apañar piñas. Son bónitas, poden predecir si vai chover, teñen piñóns, servén para encender o lume da lareira e rillan nelas os esquíos e os ratos. Apañar piñas era un traballo divertido e útil. Limpabas o monte, pasabas a mañá e levabas que facer para a casa.      

lunes 1 de septiembre de 2008

relax

Ando a voltas con esta imaxe. Lémbrame unha viaxe que teño pendente. Disfrutar das augas termais e da tranquilidade dunha paisaxe idílica (bueno, case, esto é unha central térmica). O curioso é que podo facer o mesmo aquí ao lado pero non nos parece tan importante. Por qué sempre nos cobiza o de fora aínda que teñamos o mesmo ou mellor na casa?

miércoles 13 de agosto de 2008

paseos

Moitos paseas!! sempre di miña nai. A falta de vacacións adícome a redescubrir territorios próximos facendo de guía turístico. Igual me atopades no curruncho máis insospeitado facendo fotos ou explicando a miña particular visión de cada sitio.

miércoles 30 de julio de 2008

pegadas

As actualizacións non son para o verán. Fixen tantas cousas este mes que non din pasado polo autoxiro. Onte, na praia, a través dunha greta da cámara descubrín unhas pegadas na area e siguo detrás delas. Quizá leven a aalgún lado

miércoles 25 de junio de 2008

bicos

Onte chamáronme cursi por andar a voltas co tema dos bicos. Eu, ni caso, son o mellor do mundo. En algún sitio lin que "só os bicos son máis placenteiros que as palabras" e lembrei esta imaxe, comunión, tan sorprendente como emotiva, de ambas. bicos.

jueves 19 de junio de 2008

beizos

Imaxina un bico tan grande, tan grande, tan grande coma o máis grande bico que uns beizos coma estes poden dar. Ese bico é para ti.

lunes 16 de junio de 2008

espera

Podes preguntar, pódencho contar, podes ler moitos libros ou velo na televisión pero ata que che pasa non tes nin idea do que significa. Palabras como espera ou paciencia acadan unha dimesión descoñecida. ¿Como estar así por unha persoa que non coñeces de nada? Nuns días, voltaremos a vista atrás e seguro que nos da a risa. De momento, ¿canta é moita paciencia?

domingo 8 de junio de 2008

ponte

Tento construir unha ponte sólida e bónita para unir dous mundos antagónicos separados por demasiadas circunstancias e medos. O esforzo aplicado en colocar cada pedra contrasta coa facilidade con que esta se desprende e marcha arrastrada pola corrente. As grandes expectativas merecen grandes intentos.

miércoles 4 de junio de 2008

explosión

Despois de semanas acumulando tensión, agardando a chegada deste día, resulta que non era para tanto. Sentímonos satisfeitos durante un segundo, ou algo menos, pero, incapaces de recrearnos, poñémonos a outra cousa. Queda grabado na retina ese momento, unha explosión de luz e cor, que nunca entenderás porque tampouco podo explicalo.

sábado 24 de mayo de 2008

cies

Pode que fose un soño, un simple exercicio de escapismo, pero disfrutei dun pequeno momento de felicidade completamente seguro de que aquel paraiso era verdadeiro. Despois cheguei a conclusión de que a sensación, ainda que real, non pasaba dunha ilusión. Un espellismo, mellor, unha quimera, motivada polo desexo de que as cousas foran de outra maneira.

miércoles 14 de mayo de 2008

cascos

Ninguén aprende en cabeza allea. A pesar dos consellos e da propia experiencia afronto cada proxecto a tope e a miña maneira. Seguro que todo sae mal pero reivindico o dereito a equivocarme. Cando non tes nada que perder calculas os riscos doutra maneira.

sábado 10 de mayo de 2008

outra flor

E de repente, no medio da inmensidade e da monotonía aparece algo diferente, algo novo que reclama a nosa atención e consideramos especial. Un chamativa flor que destaca entre tanto aburrimento e días grises cunha promesa de eterna primavera. Un gran momento, imprescindible, aínda que sexa unha simple ilusión.

martes 15 de abril de 2008

aquel lago

Nas noites de insomnio busco, sin éxito, a saída do laberinto no que se meteu a miña cabeza. Remexendo pola casa atopei algúns documentos "históricos" de interese. Aquela viaxe, aquel lago, aquel inesperado reencontro con Polonia foi un acontecemento irrepetible. O da foto son eu voando na máis completa felicidade.

jueves 3 de abril de 2008

paris (3)

Cando vaia a París contigo brindaremos con champagne na cima do Pompidou.

martes 1 de abril de 2008

paris (2)

....cada rincón, cada rúa.... son pouco pesado co tema e coas estatuas. O problema debe ser que polo xeral aquí son moi feas e colócanas en calquer lado sin ningunha integración co entorno. Siguo coa cabeza en Paris.

jueves 27 de marzo de 2008

paris

Saldei unha débeda pendente que tiña con París. As expectativas eran altísimas pero a cidade superounas con creces. Fun abducido polas súas rúas durante varios días. En calquera esquina atopas imaxes fermosas. Ata as tumbas eran capaces de hipnotizar a un tipo tan bruto coma min.

lunes 10 de marzo de 2008

cociña

Así colocadiñas quedan moi bonitas pero imaxina esta cociña con todas estas potas traballando arreo e en harmonía. Cantos platos, que ricos e para canta xente se podría cociñar!!! Esto ten que ver coas miñas sensacións despois da consulta eleitoral.

lunes 3 de marzo de 2008

perigo

...inminete. Na casa, na estrada, no río, comendo, bebendo, pinando, na oficina, cos homes, coas mulleres, cos nenos, tarde, cedo, mañá, dentro de vinte anos..... Reláxate e disfruta!!! Non hai ningunha conspiración contra tí.

martes 19 de febrero de 2008

pazo da pena

A foto anterior, ese monstro tan feo, tomeina fai uns dias nun dos lugares máis fermosos que coñezo. Preside unha das portas de entrada do Pazo da Pena en Sintra. ( parabens a mariola por certar). Non debemos xulgar polas apariencias. Todos temos un lado oscuro e tamén algunha cousa boa.

viernes 15 de febrero de 2008

monstro

Os monstros, a perversión, a fealdade ... o mal exercen sobre nos unha atracción fatal. Buscamos o perigo mentras xuramos fuxir del. Desexamos estar tranquilos, pero por pouco tempo. A diversión consiste en complicarse a vida estragar xornadas de esforzo a cambio duns segundos de prazer.

lunes 11 de febrero de 2008

suspiro

Siguo aquí, algo distraido. Perdín a inspiración e estragouse o aparello xerador de emoción. Agardo un rescate, un bandazo ou unha revolución. Calquera servirá.

lunes 14 de enero de 2008

os libros (8)

Son irresistibles como contedores de historias, como símbolo e como obxecto. Achégannos a mundos infinitos nos que podemos ser protagonistas. Dame mágoa pensar na cantidade de títulos e autores que nunca coñecerei pero vou ampliando o catálogo do meu universo literario para chegado o dia presumir de biblioteca. ¿vanidade? supoño que sí

Estas foron oito cousas que me gustan. Dou por rematado o reto.

jueves 3 de enero de 2008

as festas (7)

a da istoria, a de San Xes, as pequenas, as grandes, nas que imos disfrados, as de botellón, as intelectuais, as de depois de cear, as de despois de xantar, con amigos, con viño, na casa, na rúa, nos bares,... a festa en xeral. Que no 2008 teñamos moitas.

miércoles 12 de diciembre de 2007

tirarme de cabeza (6)


á auga. Xa sei que está prohibido, que podes levar un golpe e quedar no sitio ou algo peor. No río, cando atopo un lugar apropiado, eu salto. Gústanme as sensacións neses segundos que pasas polo aire, o impacto contra a auga e a confusión que che entra tentando sair á superficie. Nesas ia pensando unha vez cando atopei a sinal. Lérame o pensamento?

sábado 8 de diciembre de 2007

lencería (5)

... e a suas aplicacións. Non exactamente como aparece na foto. Hai sitios onde luce máis. Non é por fetichismo nin nada parecido. Gústame polo que insinúa, polo que promete, polo tacto, por moitas cousas.

lunes 3 de diciembre de 2007

máquinas (4)

Paleadoras, hormigoneras, apisonadoras, bulldozers, tractores... son moustros mecánicos irresistibles. Canto máis grandes mellor. Tamén me gustan as ferramentas máis pequenas coma taladros, destornilladores, chaves inglesas, serróns ou garlopas. De pequeno prefería entrar nunha ferretería que nunha tenda de xogetes.

viernes 30 de noviembre de 2007

barcos (3)

O meu cos barcos tamén é unha cousa extraña. Na miña terra non hai mar e a pesar de ter un río bastante grande os barcos non navegan por alí. Gústanme pero non sei por qué. Simplemente son bonitos. De pequeno non podía entender porque flotan e aínda non o teño claro de todo. O sábado vin unha película que transcurría nun barco, True Nord, e metía medo ver como se movía aquel pesqueiro entre as ondas.

miércoles 28 de noviembre de 2007

ruínas (2)

As casas en ruínas, destartaladas ou abandonadas exercen algún tipo de atracción sobre min. Imaxino como eran antes, cando estaban habitadas, e penso nas posibilidades que terían unha vez rehabilitadas. Sobre todo se foran miñas. No fondo é unha pena ver tantas, sobre todo nos cascos históricos.

lunes 26 de noviembre de 2007

cousas orientais (1)

Gústanme moito as cousas orientais. Mellor dito as do extremo oriente. Xapón, China e sitios así. Descubrino estes dias facendo a inacabada mudanza. Literatura xaponesa, utensilios de cociña, agasallos de Masa, láminas, recordos da viaxe a Shanghai... están desperdigados pola casa adiante buscando un oco.

Esta é a primeira entrega do meme das oito cousas que me envían Silvana, Angie e Prosciutto Mourente. Con moito retraso sobre a petición, vou contar oito cousas que me gustan á miña maneira. (unha por entrada e con foto)

jueves 1 de noviembre de 2007

velocidade

Imos a unha velocidade de vertixe e case non temos tempo de pararnos e pensar. Pasamos de continuo ao lado de cousas interesante e bonitas que nin vemos. Miramos pero non vemos. Cando nos fixamos en algo que merecía a pena xa non é posible dar marcha atras e aceleramos aínda máis.

jueves 25 de octubre de 2007

catedral

Menuda se armou!! Estou abrumado. A despedida non era de autoxiro nin para vós. Todo está moi ben e todo é novo. Novo traballo, novos amigos, nova casa, novo coche, novas aventuras... Levo un mes nunha nube, e con tanta novidade, sen tempo para atender o blog. Despedíame do traballo e agora despídome de Santiago de Compostela despois de máis de dez anos vivindo alí. Fixemos moitas cousas, case todas divertidas. Espero que a diversión continúe no sur.

viernes 5 de octubre de 2007

pato

Hoxe é un día triste. Sinto que botarei en falta non cruzarme máis co pato de plástico que vixía a entrada do edificio onde traballo. Dame mágoa deixar aos compañeiros cos que compartín a maior parte do meu tempo, e moitas cousas máis, durante o último ano. Que mal se me dan as despedidas!

lunes 1 de octubre de 2007

flor

No outono tamén hai flores. Non tes que poñerte tristes e deixarte levar pola luz minguante e a chegada da choiva. Entre as follas secas, debaixo do ceo gris e arredor das pozas crecen moitos destes seres coloridos. Están aí, tes que saber mirar. Non agardes á primavera para ser feliz.

viernes 28 de septiembre de 2007

queimada (de verán)

A serie dos recordos do verán remata cunha queimada. Non podía ser menos. Hoxe teño moitas cousas que celebrar e quédame perfecta. Podería seguir con navallas, cervexas, gin tonic, viño, malibú con piña, troitas, churrasco,... deu moito de si este verán.

Esa noite tamén estábamos de celebración. Miramos para o lume, hipnotizados, agardando que o augardente, o café, o limón e o azucre se fundiran ata crear ese líquido máxico e indescriptible.